Ediciones Ámbar
 

NOTICIAS

 
‘EL NIÑO QUE NO SABÍA SOÑAR’ Cando a infancia queda esnaquizada pola guerra
‘EL NIÑO QUE NO SABÍA SOÑAR’ Cando a infancia queda esnaquizada pola guerra

Publicado en Galicia-hoxe 14/06/2009

14.06.2009 O escritor italiano Vauro Senesi agasállanos cunha novela que nos belisca a alma debido á carga emotiva que zumega ó presentarnos o mundo dun raparigo que vive en Cabul, unha cidade castigada por un eterno conflito bélico o que fai que Kualid, así se chama o protagonista, durma as noites en negro a pesar das ansias por trascender a vida diaria

O escritor italiano Vauro Senesi, nado en Pistoia no 1955, tráenos a historia El niño que no sabía soñar, unha fermosa novela que nos belisca a alma, por mor da carga emotiva que a enchoupa, amosándonos o mundo dun picariño que vive nun país castigado pola guerra. Trátase de Kualid, un rapaz que vive coa súa nai e o seu avó en Cabul, nun dos barrios máis castigados pola continua guerra que os masacara desde hai décadas. Como a todos os críos da súa idade, gústalle xogar e aprender cousas novas da vida, inda que de día ten que traballar co seu primo Said enchendo con terra os buracos que os morteiros abren nas rúas; de noite dorme pero non é capaz de soñar. Dorme as noites en negro, sen soños e cando a Said o envían á escola coránica, onde lle ensinarán a obedecer indiscutiblemente o desexo de Alá e da Sharía e o adestraran para eliminar os infieis con calquera medio, Kualid empeza a frecuentar a tenda de Babrak, un dos mellores calígrafos de toda a cidade. A relación con Babrak fai que a súa mente atope unha vía de escape, un xeito de ver doutro xeito a mísera existencia que soporta.

A fantasía será o camiño iniciado para que todo ó seu redor semelle tomar vida de sotaco e, así, afástase da crueldade da guerra. Babrak non só lle ensina a arte de comunicar mediante a tinta e o pincel, senón que tamén lle transmite valores importantes como a fortaleza de ánimo e a esperanza. O agasallo máis precioso do calígrafo, con todo, será unha pequena cometa pintada, e con iso a certeza, para Kualid, de ser, tamén el, capaz de soñar.

Desagraciadamente, a realidade de Cabul está a anos luz de ser sequera amable cos seus habitantes, e Kualid sentirá en propia carne que o prezo que hai que pagar polos soños, pode revelarse moi alto, polo que estamos ante unha historia que non é só o relato da vida de Kualid, senón a de miles e miles de nenos afgáns que, como el, viviron a súa infancia nunha cidade devastada como Cabul, rodeados de represión, sangue, violencia e medo. Todo iso lévanos a unha lectura conmovedora pola simplicidade coa que Vauro Senesi describe o sufrimento e a vida cotiá de homes, mulleres e nenos ós que a súa devastadora realidade lles atrancou a capacidade de soñar. "Kualid só volvía á casa cando xa tiña o brazo entumecido a forza de sacar pedras e as pálpebras de novo pesados polo sono, seguro de que soñaría algo en canto se deitase na esteira. Case nunca recordaba os soños e iso enfadábao, porque o seu primo Said tomáballe o pelo: "Non é verdade que non te acordes dos soños, é que es tan parvo que non es capaz de soñar", dicíalle. Despois empezaba a contar historias de reis e de guerreiros de afiados sabres que sempre terminaban por degolalo a el, a Kualid. "Mira", continuaba Said, "préstoche os meus soños, gústanche", e botábase a rir. Que cretino era Said, críase que lle daba medo, pero Kualid non tiña medo de nada nin de ninguén".

Descargar PDF Imprimir notícia
 
Ficha del libro

El niño que no sabía soñar
Vauro Senesi

Categoría: Narrativa
Número de páginas: 192
PVP: 15.00 €

 
Ediciones ÁmbarEditorial AmbarEditorial Ambar
© Ediciones Ámbar, S.L., 2017. Todos los derechos reservados   |  Nota Legal   |  Mapa de la Web   |  Contactar website: dommia
Diseño Web
Dommia Soluciones Internet
c/ Lepant, 326, Entlo. 1, Desp. 2
08025 - Barcelona
Tel. 902 024 678 | +34 936 241 455
Portfolio visible en: www.dommia.es